PINCHA NO DEBUXO SE QUERES DESCARGAR AS FICHAS PARA IMPRIMIR NUNHA SOA VEZ.
LEMBRA ENTRAR NA WEB DO COLE CADA DÍA PARA VER OS ENLACES A VÍDEOS, XOGOS INTERACTIVOS...
ADEMAIS, NOS BLOGUES DE MÚSICA, RELIXIÓN, BIBLIOTECA...,
ATOPAREDES TAMÉN ACTIVIDADES INTERESANTES!!!
CELEBRAMOS A SEMANA DAS LETRAS
Ola a tod@s:
Como sabedes o vindeiro domingo 17 de maio é festa, é un día grande, celebramos o día das nosas letras: O Día das Letras Galegas
Por iso, as tarefas desta semana serán sobre todo para coñecer mellor a figura do escritor homenaxeado este ano: RICARDO CARVALHO CALERO
O luns e o mércores, haberá actividades interactivas sobre a súa vida e sobre textos infantís deste autor cos que aprenderemos e disfrutaremos dese gran tesouro que temos, como é A LINGUA GALEGA.
O resto dos días podedes imprimir as fichas de actividades e gardalas ben para facer un caderno, e para rematar a semana deixareivos algúns exemplos do retrato deste escritor para que fagades a vosa propia versión e así deseñar unha portada co que rematar o traballo.
Ánimo que comezamos!!!
VENRES 15 DE MAIO
UNHA DE MATES: Sumamos en horizontal
RICARDO CARVALHO CALERO: A cidade
Para rematar esta semana das letras podedes facer unha portada para encadernar as tarefas sobre Ricardo Carvalho Calero, e por se queredes facerlle un retrato aquí vos deixamos algún exemplo para que fagades a vosa propia versión.
Abur e boa fin de semana!!!
XOVES 14 DE MAIO
UNHA DE MATES: Comparamos números
RICARDO CARVALHO CALERO: As pitas baixo a choiva
MÉRCORES 13 DE MAIO
RICARDO CARVALHO CALERO: Aprendemos cos seus textos.
MARTES 12 DE MAIO
UNHA DE MATES: Como se escribe...?
RICARDO CARVALHO CALERO: Aprendemos coa súa obra
ENGLISH TIME: Happy Tuesday! How was the text yesterday? Was it too easy? Today it's Role Play day. Listen and then repeat. ¿Que tal o texto de onte? ¿Foi demasiado sinxelo? Hoxe imos facer un xogo. Trátase de escoitar varias veces e despois tratar de repetir a historia. A ver que tal vos sae!
LUNS 11 DE MAIO
BIOGRAFÍA de Ricardo Carvalho Calero (actividades interactivas do Seminario Galán)
UNHA DE MATES: Xogamos a ordenar números