A primaveira xa chegou

Este tempo anda un pouco tolo, xa sabedes que na primaveira todo cambia de cor, medran as flores, as abellas polinizan… E para que todo iso ocorra necesitamos sol, pero tamén chuvia! 

 

Hoxe vos propoñemos que aprendades un refrán, poema ou canción sobre a primaveira e as enviedes ás profes. Deixámosvos algúns exemplos premendo na imaxe.

 

 

Outras propostas:

Tamén podedes traballar un pouquiño no Caderno da primaveira, ou nestes outros de balde: I spy (de conteo) e uns imprimibles.

E por suposto, poderedes facer algunhas manualidades como as que nos ensinan AQUÍ.

 

               

 

 

 

E se queredes xogar coas palabras, tendes esta proposta para traballar co vocabulario da primaveira, podendo imprimilo ou creando as palabras cos tapóns dos bricks.

 

E recordade:

Marzo  ventoso e abril chuvioso

fan a maio florido e fermoso