AS RECEITAS DE PRIMEIRO

Os alumnos e as alumnas de 1º fixeron un "Biscoito de Iogur" coa axuda dunha nai excepcional e magnífica reposteira, Ángeles.

Aprenderon a separar as xemas das claras, a montar as claras a punto de neve, a medir os ingredentes, a raiar un limón, falaron e escribiron en galego...

Unha experiencia estupenda! Pasámolo moi ben!

 

 

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!