Lendo Quixote - Día do Libro 2017

Nesta mañá fixemos lecturas de varias aventuras de Don Quixote.

Compartimos tamén este baile de Lucrecia cos Lunnis.

 

- clica para reproducir, ou

- descarga "Baile Quixote - Lucrecia" 58Mb 

VIDEOCONFERENCIA CO CEIP 6 DO NADAL polo día das letras galegas

Grazas a unha proposta do profesorado de infantil, chegouse a realizar unha videoconferencia co primeiro curso do CEIP 6 DE NADAL para rercitar poemas do noso homenaxeado Manuel María. Os rapaces e rapazas de 4º e 5º de primaria do CEIP SOBREIRA recitaron aos nenos de primeiro do outro cole e os de primeirro aos nenos e nenas de infantil.

Aquí temos unha pequena mostra do acontecido.

Premiados!!! por ler con emoción!!!!

  O traballo de Educación Infantil PREMIADO cun lote de libros e contos que recibiremos no cole!!!RisaRisaRisa

Todo o alumnado de educación infantil, na sesión semanal de taller de Filosofía, estiveron traballando cun conto xenial: O Monstro de Cores.

E a partir deste conto cada clase inventou outro... e así foi que:

a aula de 3 anos inventou "Un Día con Alegría!!!",

a clase de 4 anos inventou: "Un Día con Amor!!!" e

a aula de 5 anos inventou: "Un Día con Calma!!!"

4º de Educ. Infantil no Laboratorio!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoTivemos unha moi especial clase no Laboratorio

Moitas grazas a Monserrat pola súa colaboración.

Día da Familia - 15 maio 2016

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Para conmemorar esta data, Día da Familia, todo o alumnado de Educación Infantil leva un agasallo feito por eles.

Infantil no Laboratorio - Resistencia eléctrica!!

SANTI, O PAPÁ DE PABLO ENSINOUNOS O QUE É A RESISTENCIA ELÉCTRICA: O GRAO DE DIFICULTADE QUE TEÑEN OS ELECTRÓNS PARA FLUIR A TRAVÉS DUN OBXECTO

PRIMEIRO MEDIMOS CUN POLÍMETRO, DESPOIS COMPROBAMOS CÓMO UNS MATERIAIS TEÑEN MOITA RESISTENCIA ELÉCTRICA: NON DEIXAN PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA. E OUTROS TEÑEN POUCA RESISTENCIA ELÉCTRICA: DEIXAN  PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA.

 E DESPOIS FIXEMOS UNHA RODA E A LUZ ENCENDEMOS!!! (PORQUE A TRAVÉS DE  NÓS A ELECTRICIDADE PASA)Guiño

RisaRisaMoitas grazas Santi

Roteiro de esculturas e ♫♩♫ Concerto Mamá Cabra ♩♫

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoSaímos cedo do colexio para facer un completo roteiro polas esculturas do casco Vello antes de asistir ao espectáculo musical do grupo "Mamá Cabra"

 

 

♫♩♫ Mamá Cabra - cd Bicos de Música ♩♫ 

  


 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Maleta de Emocións

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

A biblioteca do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Vigo pon á disposición dos centros unha nova maleta viaxeira:

Emocións para Infantil

Durante 15 días gozamos destes libros e navegamos nas nosas emocións!!Risa

Pilú Pilú da EEI Monte da Guía envíanos un conto...

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Intercambiamos un precioso conto: "Barxilón no Mar do Latón"

co alumnado da EEI Monte da Guía a través dunha maleta chea de experiencias!!.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Contactamos con eles  polo traballo conxunto de mestras dos dous claustros Risa

 Aquí tendes as fotos dos nosos novos amigos cos nosos contos e agasallos para eles.

Infantil no Laboratorio - magnetismo!!

SILVIA, A MAMÁ DE INÉS, VIUNOS A DAR UNHA CLASE DE MAGNETISMO (O FENÓMENO POLO QUE OS OBXECTOS EXERCEN FORZAS DE ATRACCIÓN OU REPULSIÓN SOBRE OUTROS MATERIAIS).

IMÁN  NATURAL: A MAGNETITA.

OUTROS MATERIAIS PRESENTAN PORPIEDADES MAGNÉTICAS DETECTABLES. (A PROPIEDADE FUNDAMENTAL DOS IMÁNS É QUE OS ELECTÓNS ESTÁN ORDENADOS, NA OUTRA MATERIA ESTÁN DESORDENADOS.

XOGAMOS COS IMÁNS.E RESULTOU QUE NON É MAXIA, É CIENCIA!!!!!

 XOGANDO ,FIXEMOS PEQUENOS MOTORES E FIXEMOS BAILAR AOS OBXECTOS.

 

Moitas grazas SilviaRisa

Coñecendo os Mamíferos Mariños coa CEMMA

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Hoxe tivemos unha fantástica clase para coñecer os mamíferos mariños,

 da man de Pablo Covelo,

  biólogo da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos MAriños)

Lendo Quixote

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoNesta mañá fixemos lecturas de varias aventuras de Don Quixote, tamén con sombras chinescas.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Compartimos este video do Quixote no seu famoso enfrontamento cos muíños-xigantes.


Día do Libro co IES Valadares

Para conmemorar o Día do Libro organizamos actividades conxuntas co alumnado do IES Valadares.Preme para ver a foto ampliada

 

O alumnado de Educación Infantil recibiu aos alumnos e alumnas do IES Valadares que fixeron de "padriños" e "madriñas" lectores e intercambiaron agasallos: mini-libros para os cativos da Sobreira e rosas para os chicos e chicas do IES.

Abeto de Paz, Amor e Luz

enlace á galería de fotosO Abeto da Paz, o Amor e a Luz

     ESTA  É  A HISTORIA DUNS  PEQUENOS  SOLES  QUE, FARTOS  DAS  PELEXAS  E  ENFADOS  DO  MUNDO,  DECIDIRON  CONSTRUIR  UNHA  FERMOSA  ÁRBORE  CHEA  DE:

- PAZ PARA  CON  TODOS  FELICES  VIVIR.

- AMOR PARA  CON  TODOS  COMPARTIR.

- LUZ PARA  OS PENSAMENTOS  ALUMEAR.. 

 

DESFRUTADE  NA  VOSA  CASA  DUN  ABETO  DE  PAZ , DE  AMOR  E  DE  LUZ.

  

FELIZ  NADAL  2015  !!!