Podedes enviar as vosas tarefas, de todas as materias, ao mail: ceipsobreira.sexto@gmail.com Por favor, no ASUNTO do mail escribide: Nome alumna/-o , materia e tarefa.
Tamén podedes enviar foto dos vosos debuxos, experimentos, manualidades, receitas, xogos... e o que queirades destes días. Estamos desexando vervos outra vez!! Ánimo e moita forza. Xuntos conseguirémolo.
O venres 2 de marzo foi un día moi especial. Os nenos e nenas de 6º (2.017-18)mantiveron unha charla de 40 minutos con responsables e científicos da base Juan Carlos I que España ten na Antártida, que moi amablemente nos contaron unha chea de cousas interesantísimas, curiosidades, anécdotas..., sobre como é a vida na Illa Livingston ao longo dos meses que hai campañas de investigación. Os rapaces tiveron a oportunidade de facerlles preguntas sobre a capacidade que ten a base, como son as construcións nas que viven e traballan, como se realizan as comunicacións, como se tratan os residuos, cales son as rutinas diarias de toda a xente que habita alí, científicos, técnicos,... Ademais tivemos a sorte de coñecer a Ana Pintado, científica viguesa da Complutense de Madrid que estuda os líquenes que se atopan na Antártida. Toda unha experiencia e un privilexio que queremos agradecer a todos os que fixeron posible que charláramos en directo coa Antártida... en galego!!!!
Grazas Camilo, Antonio, Joan e Ana.
No terceiro trimestre estivemos a traballar a música nas creacións audiovisuais co programa "moviemaker". Así o alumnado de 6º argallou, preparou, protagonizou, realizou e producíu esta película.
-(esperar polo video 110Mb)
Neste concerto, Odaiko fará un percorrido musical pola historia da humanidade desde os seus inicios, centrándose especialmente na relación existente desde sempre entre o ser humano e o mundo da percusión.
Acompañados por un narrador en off, Odaiko proponnos unha divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sons da percusión moderna, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas son os puntos clave.