Comezamos hoxe coas pilas supercargadas!! Ao longo do día irei poñendo cousiñas que xa me van chegando...
As propostas para hoxe son:
Pasade un bo día e non vos esquezades de ler o libro de lingua!!
Apertas enormes!!
Bo día !!
Hoxe teño unha pequena sorpresa para vós... estade atentos e atentas ao longo do día para descubrila...
Mentras tanto aí tedes as propostas para hoxe. Lembrade ler despaciño e escribir con coidado e boa letra.
Moitas apertas enormes para todos!!
Bo día nenos e nenas!!
Como foi o descanso? Como aínda non podemos voltar ao cole seguiremos mandando as propostas para poder ir repasando cousiñas que facedes tan ben porque xa comezou o terceiro trimestre!
Sigo botándovos de menos! pero espero que pronto poidamos darnos unha aperta grande...
Neste novo trimetre gustaríame que compartades todo o que estades a facer. Podedes, polo de agora, mandarme ao correo electrónico debuxos, cartas, notas, receitas, manualidades, experimentos ou o que se vos ocorra para seguir vendo o ben que o facedes e poder compartilo por aquí coa clase.
Apertas enormes!!
Familias: Seguimos en contacto estes días pendentes das medidas concretas a adoptar para o terceiro trimestre e final de curso. As instrucións recibidas ata o de agora podedes consultalas no seguinte enlace:
Hoxe as propostas son pintar esa imaxe (pincha nela) e escoitar o contiño en inglés sobre o Easter!!
Lembrade que o boletín de notas está dispoñible no Abalar.
Felices vacacións e Happy Easter!!
Querémosvos!!
Bo día nenas e nenos!!
Temos moitas ganas de vervos! mentres tanto tedes estas propostas para practicar un pouquiño. Lembrade pinchar en cada enlace para descubrir de que se trata cada unha.
Moitas apertas para todos!! desexando dárvolas de verdade!!
Bo día!!
Xa estamos en Abril !! Queda menos para vernos... mentras tanto tedes as propostas de hoxe:
Apertas inmensas!!
Bo día nenos e nenas!!
Como andades? Abrigádevos que volve facer frío...
As propostas para hoxe:
Botámosvos de menos!! Moitos bicos e apertas das vosas mestras!!
Bo día!!
Que tal a fin de semana? Esperamos que esteades moi ben.
As propostas de hoxe:
Lede un ratiño algo que vos guste moito, debuxade e xogade moito!!
Biquiños.
Bo día nenos e nenas!!
Como estades hoxe? Xa é venres!! Tedes aí os últimos traballiños da semana:
Agardamos que teñades unha fin de seman chea de sorrisos. Bótamosvos moito de menos!! Moitas apertas!!
Moi bo día!!
Para hoxe temos as seguintes propostas:
Esperamos que ademais esteades a xogar moito, pintar e desfrutar das vosas familias.
Bicos e apertas e moito ánimo!!
Bo día nenos e nenas!
Hoxe as propostas van por enlaces independentes. Pinchade en cada un e vos sairá:
Ademais queremos recomendarvos un libro de experimentos moi especial creado polo alumnado de segundo curso do Grao de Mestro de Educación Primaria da Universidad de Salamanca (USAL).
Podedes intentar facer algúns experimentos e sacarlle fotos para contárnolo cando voltemos ao cole.
Esperamos ademais que esteades ben!
Seguide lendo un pouquiño cada día e moito ánimo que o estades a facer estupendamente!!
Bo día familias!!
Primeiro a PROPOSTA de hoxe.
Ademais queriamos darvos unha información do neuropsicólogo Álvaro Bilbao que pareceunos interesante tendo en conta a situación actual.
Bo día familias!
Nestes días sen cole tamén imos aproveitar para reforzar os contidos de Naturais e Sociais en Lingua Galega e Castelá.