Contacontos na Leoteca - Jimena

Jimena e a súa familia prepararon para os seus compañeiros e compañeiras de 1º de educación primaria unha lectura.

Pasámolo moi ben!

AS RECEITAS DE PRIMEIRO

Os alumnos e as alumnas de 1º de Educación Primaria elaboramos "ROSQUILLAS DE ANÍS" coa colaboración e axuda da nosa reposteira preferida, Ángeles. 

Primeiro, mesturamos todos os ingredentes ata obter unha masa ben brandiña, logo con anacos pequenos de masa fixemos a forma das rosquillas e despois as fritimos na tixola. Por último, decorámolas con azucre glass e canela. Quedaron deliciosas!!

Divertímonos moito e aprendimos un montón!!

 

AS RECEITAS DE PRIMEIRO

Os alumnos e as alumnas de 1º de educación primaria fixemos "PASTAS DE MANTEIGA SEN LACTOSA" coa axuda da nosa reposteira favorita, Ángeles.

Primeiro preparamos a masa, logo amasámola e despois fixemos as pastas con moldes de diferentes tamaños e formas: circulares, de bolboretas, de monecos, de campás...

Foi unha experiencia moi enriquecedora!

Pasámolo moi moi ben!

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Mateo e a súa nai Begoña prepararon para os alumnos e as alumnas de 1º de educación primaria a lectura do conto "O coelliño branco". Despois compartiron a lectura do conto "A sopa verde". Gustáronnos moito!

Pasámolo moi ben!

 

AS RECEITAS DE PRIMEIRO

Nesta ocasión, os alumnos e as alumnas de 1º de educación primaria fixeron "CUP CAKES" coa axuda da nosa experta reposteira, Ángeles.

Cada alumn@ decorou á súa maneira o seu CUP CAKE. Quedaron preciosos! E estaban moi moi ricos!

Pasámolo xenial!

 

AS RECEITAS DE PRIMEIRO

Os alumnos e as alumnas de 1º fixeron un "Biscoito de Iogur" coa axuda dunha nai excepcional e magnífica reposteira, Ángeles.

Aprenderon a separar as xemas das claras, a montar as claras a punto de neve, a medir os ingredentes, a raiar un limón, falaron e escribiron en galego...

Unha experiencia estupenda! Pasámolo moi ben!

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Leire e a súa nai Marta prepararon a lectura do fermoso conto "Avós" para compartir cos alumnos e as alumnas de 1º de educación primaria.

Pasámolo moi ben!! Sorriso

 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Noa e a súa nai Ángeles prepararon dous contos moi divertidos "A sopa queima" e "A pota que trota" para representar aos alumnos e alumnas de 1º de educación primaria. 

Todos os alumn@s participaron na representación!

Divertímonos un montón!! Sorriso

 

CONTACONTOS NA BIBLOTECA

 Iria e a súa nai Maite prepararon para os alumnos e as alumnas de 1º de educación primaria  un conto moi gracioso "A vaca que puxo un ovo" .

Pasámolo fenomenal!! Sorriso 

 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Iker e a súa nai Graciela prepararon un conto moi divertido "Axente riciños" que compartiron cos alumn@s de 1º de educación primaria.

Pasámolo xenial!! Sorriso Sorriso

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Antía e a súa nai Rita prepararon os contos "Hansel e Gretel" e "Cóntame un conto, Alfonsiño" para contarllos aos alumn@s de 1º de educación primaria.

Pasámolo moi ben!! Sorriso Sorriso

 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA.

Pablo e a súa nai Vanesa compartiron cos alumn@s de 1º de educación primaria a lectura do conto "O poliño da abeleira".

Foi unha experiencia moi boa!! Sorriso Sorriso

 

 

ADA. Intervenciones Asistidas Con Animales Y Educación Natural

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo un obradoiro moi especial

con Ítaca e con Brie da man de

ADA. Intervenciones Asistidas Con Animales Y Educación Natural

Fotos 1º e 2º curso 2016-17

 Participando no proxecto “Con Vigo na maleta” aprendimos moitas cousas sobre a cidade de Nova York .

    Tamén descubrimos que houbo un barrio de emigrantes españois en Nova York chamado Little Spain. Con todo isto fixemos a maleta de Xan e a maqueta de Central Park.

    Gústanos Nova York!

 

Estivemos “cociñando con ciencia” con Pepe Solla.

 

Chegou o Nadal e con el a nosa actuación dos trasnos do Nadal, as cartas aos Reis … Foi  moi bonita a convivencia entre as dúas clases.

 

Onde está Wally? En Londres? En París? En Nova York? …. Wally está na Sobreira! Canta ilusión nos fixo!

Os nenos de 1º e 2º aprendimos moito das nosas avoas, que nos contaron a súa experiencia na emigración.

 

Fomos á biblioteca do Centro Cultural de Valadares. Alí  recordamos  como funciona unha biblioteca escoitamos contos e participamos nun obradoiro.

No día do medio ambiente escribimos desexos para que as nosas árbores sobreiras novas poidan crecer co noso cariño e respecto. Puxémoslles nomes: "Sobre" e "Irita"!

Divertímonos moito na romaría nas Letras Galegas!

Saímos de excursión polo barrio de Bouzas para coñecer o casco histórico e os muráis rueiros da cidade de Vigo.

 

    Despois visitamos o museo do mar onde aprendimos moitas cousas sobre o tiburón Jason.

 

Que ben o pasamos na festa da escuma!!

E para rematar o curso…Todos á Praia!! Pasámolo xenial na Praia da Xunqueira en Moaña.

 

E para rematar o curso…. Fixemos un espectáculo de maxia para os nenos e nenas de 2º con carteis e moitos trucos…!

 

Celebramos os nosos cumples…

Grazas a todas as familias por colaborar tanto!!SorrisoSorriso

Taller de Banda Deseñada 1º e 2º EP

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoNeste obradoiro melloramos as nosas técnicas de debuxo aprendendo a facer personaxes a partir de figuras xeométricas!!.