Programa "Mestres Gandeiros"

FLOCOS DE MILLO

 

Os nen@s do grupo 6, ao día seguinte de ir ao Museo do Campo, fixeron flocos de millo; pois durante a asamblea xurdiu unha dúbida, é o mesmo millo que se emprega para alimentar os animais o que se utiliza para facer os flocos do millo?. Despois de indagar, chegaron a conclusión de que non, eran uns grans e unha raza diferentes. Isto permitíulles coñecer os nomes dos diferentes tipos de millo existentes e máis frecuentes na nosa comunidade.

 

ELABORACIÓN DE PAN

 Outra das actividades posteriores, á visita ao Museo do Campo, foi a realización de pan, no grupo 2 e 3.

Durante a visita adquirimos moitos contidos que descoñecíamos que nos permitiron ampliar os nosos coñecementos previos con respecto a elaboración do pan: de donde podemos obter a fariña, que instrumentos precisamos para transformar a materia prima (trigo, millo, centeo) en productos elaborados...

 

 Podedes ver como están feitos todos uns panadeiros, ainda que un pouco larpeiros, pois unha vez o pan cocido, untaron a rebanda con crema de cacao… e nin migallas quedaron, todo comido!

 

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: AS AVOAS

Este ano no centro estamos inmersos nun centro de interese como é Galicia, e en Educación Infantil e en relación con este último, no Programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta.

Para elo durante este 8M, levaronse a cabo numerosos agradecementos a unhas das mulleres máis importantes da vida dos cativ@s, as súas avoas, persoas traballadoras e loitadoras onde as haxa, moitas delas do noso campo galego.

Así os nen@s do grupo 6 adicáronlle esta bonita homenaxe as súas propias.

Preme na imaxe para comprobalo de primeira man.

 

SAÍDA AO MUSEO DO CAMPO

O día 23 e 24 de novembro, levamos a cabo unha saída ao Museo do Campo, situado no recinto feiral da Semana Verde en Silleda. Visitamos as súas instalacións, pasando polas diferentes salas, nas que se fai alusión a diferentes actividades   relacionadas coa agricultura e gandería, en Galicia, ao longo do tempo, podendo deste xeito integrar esta actividade dentro das propostas para dar resposta aos obxectivos do Proxecto Documental do Centro, e ao Programa de Mestres Gandeiros, dentro do Plan Proxecta.

Ademais da visita, como colofón final desta saída, realizamos un obradoiro de debullado de millo, unha das actividades propostas polo persoal encargado do museo, xunto con outra que se levará a cabo no segundo trimestre, a unha granxa, na que os cativ@s poderán ver de primeira man o funcionamento da mesma.

SCORNABOT: A vendima

 Na sesión semanal que temos de robótica, levamos a cabo a presentación dun novo robot: O ESCORNABOT

A través do xogo, con este recurso, traballamos entre outros aspectos a direccionalidade, a orientación espacial, a lateralidade, a resolución de problemas, a lectura de códigos QR e como non, todo o referente as fases da vendima, coñecendo vocabulario propio deste centro de interese.

 

PROCESO DE EXTRACCIÓN DO MEL

mel en Galicia é un producto natural e fresco que se recolle dende fai centos de anos. Entre os meses de xullo a outubro, os apicultores realizan este traballo a man, artesanalmente, como se leva facendo dende fai siglos. 

Así, co fin de coñecer un pouquiño máis a labor do apicultor, levamos a cabo nas aulas de Educación Infantil, un obradoiro no que os nen@s tiveron a oportunidade de descubrir diferentes aspectos do proceso de elaboración do mel.

Para ver a actividade de cada unha das aulas preme na imaxe que te guiará ao vídeo da sesión.

AULAS 2 e 3

 

 

 

AULAS 1,4,5 e 6

 

A VENDIMA

Unha das actividades levadas a cabo, e en relación co Proxecto Documental Intagrado: Galicia, foi a realización da vendima. Por medio, do desenvolvemento da mesma, @s nen@s, levaron a cabo accións propias dunha verdadeira vendima, para elo, colleron as uvas, despalillaronas e pisáronas, entre outras…

Botádelle un ollo, ao desenvolvemento da sesión, premendo na seguinte imaxe que vos levará ao vídeo da mesma.

 

 

Distribuir contido