MUSEO DO TÍTERE NO PAZO DE LIÑARES

Dende o Ceip de Silleda agradecemos ao Concello de Lalín e especialmente a Anxo Basterra (dinamizador do museo e coordinador de Viravolta Títeres) que lle abrira as portas do museo do Títere aos nosos alumnos/as de 5º de E.I. Pasaron unha xornada fantástica, primeiro visitando o Muiño de Cuiña (Prado) con motivo da finalización do seu proxecto sobre o millo e posteriormente achegáronse ao Pazo de Liñares para ser uns dos primeiros visitantes do Museo do Títere que abriu as súas portas o Sábado.