DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

CONMEMORACIÓN  DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 celebrouse o día contra a Violencia de Xénero. Ese día, recordamos as vítimas, vemos datos, constatamos que aínda queda moito por facer. As mulleres seguen morrendo ano tras ano por este terrorismo machista, seguen sufrindo na súa vida e na dos seus fillos e fillas agresións físicas e psicolóxicas, seguen vivindo, demasiadas veces en silencio, un inferno do que é moi difícil escapar. Vivir sen violencia é un dereito. A violencia machista conculca os dereitos e pon en perigo a vida de moitas mulleres galegas, é a manifestación máis terríbel da desigualdade entre homes e mulleres que persiste na nosa sociedade. 

A violencia que se exerce contra as mulleres segue a ser un problema global, que ten as súas raíces na estrutura dos sistemas sociais, nos costumes, nas pautas e valores culturais que asignan ás mulleres unha posición inferior e subordinada na familia, no traballo e na sociedade.

 

O equipo de infantil quixemos achegar esta realidade aos nosos alumnos/as máis pequenos a través da adaptación teatral do conto " O libro dos Porcos" de Anthony Browne. Se premedes na portada do conto poderes ver a representación teatral.