A FADA MANDOLINA

UN DÍA DE TEATRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

 

Os nenos de Educación Infantil despois de traballar durante a semana da prensa os distintos aspectos dos diarios (pe de foto, contidos das novas, titulares das noticias, seccións dos periódicos.......) topáronse cunha morea de periódicos na aula. que era necesario reciclar.

E agora, que facemos con eles? barcos de papel? sombreiros? cucuruchos para as castañas? forramos libros? empregámolos coma papel de agasallo?......ningunha das ideas nos parecía boa.......ata que a un neno ocorréuselle facer traxes de papel, fermosos vestidos de letras impresas.

Xa tiñamos sobre a mesa un novo taller: “ a confección de vestidos con papel de periódico”. Botamos uns días medindo; cintura, sisa, largo da saia, …… e unha vez feito iso comezamos a tarefa de transformar unhas follas de papel nun auténtico traxe de festa.

E cando rematamos preguntaron, e agora que? E coma a estes nenos/as non lles vale cun “por que si” puxemos a funcionar as cabeciñas….. imos de festa? Vendémolos na feira? Facemos un teatro?.

Como pasa moitas veces comezamos a casa polo tellado, cando normalmente o que se fai é ter unha obra de teatro e logo pensar no vestiario e na decoración, nos puxemos patas arriba esa forma de traballo XA TIÑAMOS O ATREZZO antes de ter a obra……pero adaptámonos perfectamente e convidamos a todos os nosos compañeiros de infantil a inauguración da nosa representación teatral.

 

Aquí vos deixamos o vídeo dun dos pases e agardamos que vos guste tanto como nos gustou a nós. 

 

obra de teatro