Por fin chegou o día. Que emoción! Este mércores 31 de outubro, celebramos o Samaín e o Magosto no noso cole. A xornada comezou coa lectura dos contos premiados no concurso de Samaín polas aulas e a entrega de premios aos autores dos debuxos e contos gañadores. Tamén ás aulas que decoraron as súas portas da forma máis orixinal.
Mentres tanto, as nais e pais da ANPA xa estaban preparando o lume para asar as castañas.
Ás 11:30, os nenos e nenas de Infantil foron os primeiros en degustar as saborosas castañas asadas. Máis tarde, pasarían por orde o resto de cursos. Que ricas estaban! Polo patio atopábaste bruxas, demos, monstros, esqueletes, pantasmas... Aaaah que susto!!!
Como o patio estaba mollado, non puidemos realizar os xogos que tiñamos previstos. Así que trasladámonos ao Salón de Actos, á biblioteca e á aula de Psicomotricidade para visualizar unha peli.
Grazas papás e mamás da ANPA por axudarnos tanto e por facer esas castañas tan ricas. Máis fotos no seguinte álbum: