Skip to Content

Artigos

A rapazada de infantil felicítanos o Nadal

Os cativos e cativas de infantil celebran o Nadal bailando esta canción do Apalpador.

Bo Nadal para toda a Comunidade Educativa do Ceip Sestelo-Baión!!!

MERRY CHRISTMAS!!

 

 

(Fai click na imaxe para poder ver o vídeo do alumnado de 1º de EP)

Pandeiretas de Nadal

Agradecemos ao alumnado e familias a súa participación na transformación da ilustracion dun instrumento tan tradicional coma a pandeireta nunhas fermosas creacións que decoran os nosos corredores neste Nadal.

(Ver fotos)

3 de decembro: Día Internacional das persoas con discapacidade

Esta semana quixemos visibilizar e dar protagonismo ás persoas invidentes e para iso contamos coa visita de Marian, traballadora da ONCE, que explicou aos rapaces e rapazas como é o seu día a día, as dificultades que atopa debidas á perda de visión e coñecer as estratexías e medios que empregan as persoas con esta discapacidade para normalizar as súas vidas. Como dixo Marian "empregamos distintos camiños para chegar á mesma meta".

Tamén realizamos un obradoiro con materias emprestados pola ONCE que permitirón aos nenos e nenas poñerse na pel das persoas cegas, realizar diferentes actividades e xogos sen empregar a visión e coñecer o sistema de escritura en Braille. (Ver fotos)

25 de novembro, Día contra a violencia de xénero

"Sí ao bo trato" Este foi o lema co que queriamos visibilizar  e reflexionar co noso alumnado sobre esta lacra social, fomentando actitudes de respecto e  tolerancia.

Algunhas das actividades que realizamos foron: contacontos dos axentes da biblioteca, carteis, exposición de contos sobre este tema, taboleiro coas reflexións dos nenos e nenas...

 

Pautas para a elección de agasallos de Nadal

As familias do Ceip Sestelo-Baión tiveron a oportunidade de coñecer pautas básicas para a elección dos agasallos infantís nas datas que se achegan e tamén compartir co psicólogo infantil, Óscar Páramos, as súas dúbidas e inquietudes. Foi unha formación moi amena e interesante

Óscar deixounos a presentación que empregou na  charla para así lembrar o tratado e afondar noutros contidos.

 

Inspira STEAM

Inspira STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts & Mathematics) é un proxecto da Universidade de Vigo para o fomento da vocación científica-tecnolóxica, especialmente entre as nenas.

Este curso o noso centro participa nesta iniciativa. O venres comezamos a primeira das seis sesións que conforman o proxecto. As nosas mentoras son Silvia e Silvana, as dúas son enxeñeiras, en telecomunicacións e de minas respectivamente. Ao longo das distintas xornadas falarannos do papel que tiveron ata agora as mulleres na ciencia e coñeceremos algunhas das máis destacadas, que a pesar de moitas veces quedar á sombra, tiveron un papel fundamental no desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía. Trátase de crear referentes femininos que inspiren ás nosas nenas nas súas futuras eleccións vocacionais.

Magosto con xogos populares

Castañas e xogos populares para celebrar o magosto en Baión.

O 11 de novembro, día de San Martiño, foi unha xornada especial, chea de diversión.  Puidemos xogar como o facían os nosos maiores. Estes enredos foron todo un éxito entre  os nenos, nenas  e profes. Os xogos pertencen á colección de xogos populares da Concellaría de Xuventude do Concello do Grove a que agradecemos o seu empréstito así como a Cándido Mascato que é o responsable da colección.

(ver fotos)

Música e evolución

Pablo Carpintero e Rosa Sánchez ofreceron este mércores un recital pedagóxico aos alumnos de terceiro, cuarto, quinto y sexto curso de primaria. Tratouse dunha actividade organizada dende o departamento de música do centro e a secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O obxectivo deste concerto é difundir e recuperar o patrimonio musical de Galicia.

   

Pablo explicounos que é a música e que significado tivo e ten dentro da nosa evolución como especie. A charla empregou a analoxía que existe entre a evolución da nosa especie nos últimos catro millóns de anos e o desenvolvemento musical das nenas e os nenos. Esta actividade veu moi a conto co proxecto intedisciplinario que se está levando a cabo no centro este curso sobre Galicia.



by Dr. Radut