Skip to Content

Artigos

O bosque atlántico

O educador ambiental Marcos Guiadanes visitou o noso centro para dar unha charla ao noso alumnado de quinto e sexto de primaria. O tema da exposición foi "O BOSQUE ATLÁNTICO".

Foi unha charla moi amena onde puidemos saber cales son as especies árboreas orixinais do noso ecosístema e coñecer que o principal problema que padece esta parte de Galicia é a alarmante redución da grande biodiversidade que existiu nun dos ecosistemas máis ricos do planeta como é o bosque atlántico. Marcos fíxonos reflexionar sobre a tarefa que temos para correxilo e que corresponde aos que vivimos aquí.

Agradecer ao concello de Vilanova pola organización desta actividade.

E.. chegou o Entroido!!!

Como este curso Sestelo é un cole de Cine, tocou disfrazarse de personaxes da gran pantalla.
E, como xa vén sendo tradición, as familias acompañáronnos nesta celebración e colaboraron traendo uns doces típicos destas datas: orellas, filloas, rosquillas... Estaban de película!
Graciñas pola vosa colaboración.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Entroido de Cine!

Obradoiro de primeiros auxilios

A educación en primeiros auxilios prepara aos estudantes a afrontar situacións de emerxencia médica. É importante que os nenos e nenas aprendan como actuar en caso dunha emerxencia e teñan as habilidades necesarias para previr unha situación de risco. Por iso, e grazas a colaboración da Anpa do centro, o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria participou nun obradoiro onde aprenderon as técnicas asistenciais básicas de reanimación cardiopulmonar (RCP). A actividade foi impartida por Rubén Navarro, profesor da USC e veciño de Vilanova.

Agradecer a Rubén e a Anpa a organización desta interesante actividade.

 

 
   

30 de Xaneiro, Día da Paz

Festa de Nadal

Preparados para celebrar o Nadal!!!!

Estes días estivemos decorando o centro para a celebración do Nadal. O último día lectivo deste ano teremos unha gran festa con chocolatada, badaladas e festival de cine.

Moitas grazas ás familias que colaboraron, xunto aos nenos e nenas, na decoración e a anpa por proporcionarnos a degustación dese día.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Decoración de Nadal

Charlas Plan Director

Esta mañán o alumnado de quinto e sexto de primaria, acompañados do seu profesorado asistiron as charlas do Plan Dierector, impartidas por membros da Garda Civil.  Este Plan, desenvolvido pola Secretaría de Estado de Seguridade, ten como obxectivo mellorar a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna.

Nestas charlas informativas/formativas trataronse os temas da protección do medio ambiente e o bulling.

Escola de familias: Disciplina positiva

Comezamos coas charlas para familias deste curso!

A charla deste primeiro trimestre tratará sobre como establecer normas e poñer límites para mellorar as relacións familiares e darlles seguridade e estabilidade aos nosos fillos/as. Silvia Santos, psicologa do concello de Vilanova, será a encargada de facilitarnos estratexias e métodos para conseguilo.- A charla será o martes 21 de novembro ás 19:00 h no centro.

Samaín

E por fín...a primeira celebración do curso!

Tede coidado coas bruxas, demos, trasnos e pantasmas que percorrerán hoxe o noso cole!! Chegou o Samaín!!!

Na entrada do cole están expostas, nun tunel do medo, as cabazas que fixéchedes na casa coa axuda das vosas familias.

Vai ser un día moi especial con película TERRORÍFICA en todas as salas dos cines Sestelo.

Hoxe toca PASAR UN POUQUIÑO DE MEDO!!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Samaín


by Dr. Radut