ENTROIDO GASTRONÓMICO 2014

O entroido deste ano foi moi moi "gastronómico" xa que é a temática que traballamos no colexio. Nestes dous vídeos podemos observar o desfile e as actuacións das comparsas dos distintos ciclos:

 

 

 

O MECO MANDA:

O vindeiro venres 28 de febreiro celebraremos a Festa do Entroido no colexio. Seguindo coa tradición destes anos, a partires do luns, o Meco mandará ordes que deberemos cumprir.

 
 
MÉRCORES:
 
 
        "Se che gusta comer
        a cara pintada
        con comida
        debes traer".
 
O xoves na escola coa cara pintada entrarás, cun mandil ou mandilón e o tocado do día anterior.
 
 
MARTES:
  
     
        "Non sexas porcón   
        ven con mandil
        ou mandilón"
 
 
O mércores ao cole virás con mandil ou mandilón e o tocado que trouxeches o día anterior.
 

 

 LUNS:

        "Na cabeza colocado

        has levar un tocado

        e o formato a levar

         gastronómico será".

Así que o martes, todos no cole, coa cabeza adornada debedes entrar.

E non esquezades que coa gastronomía relación terá.