Historia
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: NAIS, PAIS, TITORES LEGAIS
Enviado por admin o Xov, 24/10/2024 - 08:51Dende o día de hoxe, 24 de novembro de 2024, e ata o vindeiro mércores 30 de novembro de 2024 (ambos os dous días incluídos) todas e todos aqueles que o desexedes, e que aparezades no censo provisional, poderedes presentar as candidaturas ás ELECCIÓNS ao CONSELLO ESCOLAR 2024 para a súa renovación parcial.
Só tendes que cubrir o seguinte modelo e entregalo no despacho de dirección do centro.
CALENDARIO E CONVOCATORIA DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024
Enviado por admin o Xov, 24/10/2024 - 06:18Queda publicado o CALENDARIO DE ACTUACIÓNS para as ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR coa renovación parcial no Ceip de Seixo para o presente curso escolar 2024-2025.
Así mesmo faise pública a CONVOCATORIA do SECTOR NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS ao Consello Escolar:
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2024-2025
Enviado por admin o Lun, 14/10/2024 - 10:36ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024-2025
Enviado por admin o Lun, 07/10/2024 - 09:56ELECCIÓNS AO
CONSELLO ESCOLAR
2024-2025
OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Establecer o novo calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares: anpa, familias e profesorado.
NORMATIVA
Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG do 18 de setembro de 2024)
CALENDARIO DE ELECCIÓNS
- A Xunta Electoral establecerá o calendario
- A Xunta Electoral constituirase etre os días 22 e o 28 de outubro.
- O prazo de admisión de caddatas/os non deberá ser inferior a 7 días naturais.
- Votacións: entre os días 18 e 22 de novembro de 2024.
MEMBROS A RENOVAR
- Familias: 3 por un período de 4 anos
- Profesorado: 3 por un período de 4 anos
É importante que haxe membros suplentes para que (no caso de baixas) estean todos os sectores representados de acordo coa normativa.
SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL
- O luns 14 de outubro de 2024 ás 09:30 horas na sala de xuntas do centro.
- Será público contando cun membro de cada sector a renovar.
PROPOSTAS PARA AS EXTRAESCOLARES DO CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mar, 10/09/2024 - 12:59A nosa ANPA ABELENDOS fainos chegar as propostas das diferentes actividades extraescolares que se propoñen para o presente curso escolar 2024-2025:
PLAN MADRUGA 2024-2025
Enviado por Anónimo o Xov, 04/07/2024 - 15:27O vindeiro curso escolar 2024-2025 preténdese que siga funcionando o PLAN MADRUGA no CEIP DE SEIXO.
A empresa encargada de xestionalo continuará sendo…
Deixámosvos a dirección de correo electrónico e o teléfono para que poidades consultar calquera dúbida.
PICANDO NA IMAXE poderedes DESCARGAR a FOLLA DE INSCRICIÓN que deberedes CUMPRIMENTAR e ENVIAR vía correo electrónico á empresa.
LÍMITE DE ISNCRICIÓN
LUNS 9 DE SETEMBRO
IMPORTANTE: Lembrade que só haberá 3 quendas horarias
- 7:30/9:15 (con e sen almorzo)
- 8:00/9:15 (con e sen almorzo)
- 8:45/9:15 (sen almorzo)
(PICA NA IMAXE PARA DESCARGAR)
EXEMPLO DE MENÚ (facilitado pola empresa)
Para calquera consulta non dubidedes en chamar ao teléfono do cole
886 151 350
INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2024-2025
Enviado por Anónimo o Xov, 04/07/2024 - 05:24
Todas aquelas familias que esteades interesadas en inscribir ás vosas fillas e fillos no comedor escolar debedes prestar moita atención.
Picando no seguinte enlace accederedes a un pdf no que poderedes ver toda a información que nos facilitou a empresa ARUME (encargada deste servizo) con todos os pasos que debedes facer para inscribir ás vosas fillas e fillos no comedor escolar do vindeiro curso 2024-2025.
Ante calquera dúbida que vos poida xurdir podedes chamar ao seguinte teléfono da empresa:
ARUME: 986 45 30 40
Ou ben contactar con PATRI, encargada na ANPA do comedor.
PATRI: 659 47 36 15