Iniciar sesión: Acceso
Excursión ao Grove
Enviado por Nati o Xov, 23/02/2012 - 21:31
O día 8 de Febreiro,o 1º ciclo fomos de excursión ao acuario do Grove. Alí coñecemos as distintas especies mariñas que habitan na nosa ría,entre outras.Vimos estrelas de mar,quenllas,morenas,polbos,un peixe arlequín,e moitísimos peixes máis que non coñecíamos.Explicáronnos canto dano fai o lixo que botamos ao mar,e que moitos peixes morren a causa deste problema.Resultou unha visita moi interesante e da que aprendemos un feixe de cousas.