Iniciar sesión: Acceso

SOLICITUDES CENTRO ADSCRITO CURSO 2024-2025

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

- PRAZO:

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

- DIRIXIDO A…

Alumnado de 6º de primaria que queira continuar os seus estudos no noso centro adscrito:

IES CHAN DO MONTE

- PARA FACER A SOLICITUDE HAI QUE PRESENTAR…

  • O modelo ED550A debidamente cumprimentado en calquera unha das súas versións:

GALEGO

CASTELÁN

  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA

- ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE?

Na secretaría do centro

Na sede electrónica

No aplicativo admisión alumnado

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro no teléfono 886 151 350

NOVA ORDE DE AVALIACIÓN – PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2021-2022

Segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia e seguindo a disposición transitoria cuarta da cita orde, os centros educativos dispuxemos dun prazo de 2 meses para adaptar a concreción curricular e adecuala aos cambios normativos na avaliación, promoción e titulación.

Feitos os cambios necesarios, e tras seren tratados na CCP do día 10 de maio e ratificados no CLAUSTRO EXTRAORDINARIO dese mesmo díal, a través desta entrada queremos facer públicos os citados cambios.

Cambios que este curso escolar só afectan á etapa de educación primaria e só no aspecto relacionado coa avaliación: Punto 7 DE CADA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. (VER ANEXO ADXUNTO)

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias:

Moit@s de vós xa tedes instalada a aplicación ABALARMÓBIL nos vosos teléfonos. Aos que aínda non a tendes, convidámosvos a que a descarguedes, é moi sinxelo e é GRATUÍTA.

Para poder acceder ao datos dos vosos fill@s tedes que ter os números de teléfono actualizados.

Se tedes algunha dificultade para descargar dita aplicación poñédevos en contacto con nós a través do teléfono ou do correo electrónico.

Iremos enviando diversos avisos por medio desta plataforma, por iso queremos pedirvos ás familias que aínda non os fixéstedes que descarguedes dita aplicación.

INSTRUCCIÓNS

Para máis información podedes mirar o seguinte vídeo...

Ou consultar os seguintes documentos adxuntos...

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL