PROPOSTAS PARA AS EXTRAESCOLARES DO CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mar, 10/09/2024 - 12:59A nosa ANPA ABELENDOS fainos chegar as propostas das diferentes actividades extraescolares que se propoñen para o presente curso escolar 2024-2025:
PLAN MADRUGA 2024-2025
Enviado por Anónimo o Xov, 04/07/2024 - 15:27O vindeiro curso escolar 2024-2025 preténdese que siga funcionando o PLAN MADRUGA no CEIP DE SEIXO.
A empresa encargada de xestionalo continuará sendo…
Deixámosvos a dirección de correo electrónico e o teléfono para que poidades consultar calquera dúbida.
PICANDO NA IMAXE poderedes DESCARGAR a FOLLA DE INSCRICIÓN que deberedes CUMPRIMENTAR e ENVIAR vía correo electrónico á empresa.
LÍMITE DE ISNCRICIÓN
LUNS 9 DE SETEMBRO
IMPORTANTE: Lembrade que só haberá 3 quendas horarias
- 7:30/9:15 (con e sen almorzo)
- 8:00/9:15 (con e sen almorzo)
- 8:45/9:15 (sen almorzo)
(PICA NA IMAXE PARA DESCARGAR)
EXEMPLO DE MENÚ (facilitado pola empresa)
Para calquera consulta non dubidedes en chamar ao teléfono do cole
886 151 350
INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2024-2025
Enviado por Anónimo o Xov, 04/07/2024 - 05:24
Todas aquelas familias que esteades interesadas en inscribir ás vosas fillas e fillos no comedor escolar debedes prestar moita atención.
Picando no seguinte enlace accederedes a un pdf no que poderedes ver toda a información que nos facilitou a empresa ARUME (encargada deste servizo) con todos os pasos que debedes facer para inscribir ás vosas fillas e fillos no comedor escolar do vindeiro curso 2024-2025.
Ante calquera dúbida que vos poida xurdir podedes chamar ao seguinte teléfono da empresa:
ARUME: 986 45 30 40
Ou ben contactar con PATRI, encargada na ANPA do comedor.
PATRI: 659 47 36 15
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mér, 19/06/2024 - 05:21Quedan publicadas as
LISTAXES DE LIBROS DE TEXTO
PARA O CURSO 2024-2025
(PENDENTE DE AUTORIZACIÓN DEFINITIVA DA XEFATURA TERRITORIAL)
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mér, 12/06/2024 - 06:34
(DO 20 AO 30 DE XUÑO)
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- ANEXO III -1: Debidamente cumprimentado.
- 2 FOTOS TAMAÑO DNI
- EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, FOTOCOPIA DA SENTENCIA XUDICIAL OU PAPEL ACREDITATIVO DA GARDA E CUSTODIA.
NO CASO DE NON AUTORIZAR A VERIFICACIÓN DE DATOS, ENGADIRASE (A TODA A DOCUMENTACIÓN ANTERIOR) UN CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO
AXUDAS CURSO 2024/25: FONDO DE LIBROS, AXUDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por admin o Xov, 23/05/2024 - 11:14(PREMENDO NESTA IMAXE OBTERÁS MÁIS INFORMACIÓN)
- ANEXOS I E II (PREME PARA DESCARGAR)
- ACCESO Á....
- MANUAL DE AXUDA (PREME PARA DESCARGAR)
- NORMATIVA (PREME PARA VER OU DESCARGAR)
PROCEDEMENTO E CALENDARIO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Lun, 26/02/2024 - 09:36*O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2024/2025 será do 1 ao 20 de marzo.
* Para consultar as vacantes para o curso 2024/25 premer AQUÍ
As solicitudes poderán ser presentadas:
- PRESENCIALMENTE NO CENTRO (pode chamar ao teléfono 886 151 350 para concertar unha cita).
- TELEMÁTICAMENTE: na sede electrónica ou no aplicativo de admisión de alumnado (preme nas imaxes para acceder)
Para máis información relacionada con este proceso podedes picar no seguinte enlace: MANUAL DE AXUDA
O CEIP de Seixo, adscrito ao IES Chan do Monte, conta cos seguintes servicios complementarios (premer na imaxe para obter máis información):
* Premer AQUÍ para ler unha nota informativa sobre o proceso de admisión.
* Para consultar a área de influencia do CEIP de Seixo premer AQUÍ.
* Normativa reguladora do proceso: Orde do 21 de outubro de 2022 e Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.
INFORMACIÓN E VACANTES PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Lun, 26/02/2024 - 09:24Quedan publicadas as vacantes para o curso 2024-2025. En "arquivos adxuntos" publícase máis información sobre o centro.
TAMÉN PUBLICADAS NO
TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO