Graduación 6º de Infantil

O pasado 14 de xuño celebramos a graduación dos nenos e nenas de cinco anos á que convidaron aos seus compañeiros e compañeiras de infantil e primaria. Foi un acto moi emotivo no que a súa titora Rosa tivo unhas palabras cariñosas para cada un deles e se lles entregaron os correspondentes diplomas. Os irmáns tamén tiveron o seu protagonismo, pois eles mesmos lles entregaron o diploma. Ao rematar cantaron unha canción de graduación e lanzaron os seus birretes ao aire. Aquí podedes ver algunhas fotos do acto e moitas máis se premedes AQUÍ

Powered by Drupal - Design by artinet