Samain 2011

Alá polo outono, cando as follas adormecen chegou unha visita moi especial polo noso cole. A bruxa “Catuxa” veu para celebrar con nós o Samaín. Como ben sabedes esta é unha festa céltica que se celebraba hai moitos anos para festexar a fin do verán e a chegada do inverno.

Como este era un día máxico fixemos un conxuro para que a bruxiña aparecera. Cando isto aconteceu cantámoslle unha canción que bailou con nós, axudámoslle a buscar unha flor que perdera, e como era unha bruxa moi boiña agasallounos con cabaciñas de chocolate. Despois de tanta festa marchou pois aínda lle quedaba unha longa viaxe de volta a casa na súa vasoira fantástica. Esperamos que volva o ano que vén xa que foi moi divertido.

Powered by Drupal - Design by artinet