CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE E RISCOS DE INTERNET
A Policía Nacional dentro do PLAN DIRECTOR para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e o seu entorno, visitaranos este venres 4 de novembro para falar co alumando de 5º e 6º de Educación Primaria (levaranse a cabo dúas charlas) sobre os riscos de internet, o uso correcto das redes sociais, o perigo de falar con descoñecidos a través de INTERNET...
A charla será impartida por un axente da Policía Nacional da Unidade de Participación Cidadá.
Queda pendente unha charla para familias que se levará a cabo unha tarde deste mes a cal se está a organizar contando coa colaboración da ANPA do centro. Seredes informados da mesma nos vindeiros días.
A Orientadora do CEIP de Plurilingüe de Seixalbo