XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Hoxe a nosa biblioteca acolleu ás familias que pode que nun futuro sexan parte da nosa comunidade educativa. Celebramos unha xornada de portas abertas e para recibilas a biblioteca pareceunos o mellor dos lugares. Alí lles expliacamos as nosas liñas prioritarias, proxectos, organización etc e Leo, a nosa mascota, presente tamén, agasallou a cada neno cun simpático nariz de diferentes cores. Grazas familias por vir a coñecernos!