BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 21-22
No seguinte enlace atoparedes toda a información relativa á solicitude de bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
O prazo de presentación de solicitudes é dende o 3 de agosto ao 30 de setembro (ámbolos dous incluídos)
Os gabinetes ou centros de reeducación aos que acoden os alumnos xa poden comezar a tramitar ditas solicitudes.
O Departamento de Orientación recollerá as solicitudes para proceder á súa validación dende o 1 ata o 30 de setembro ámbolos dous incluidos así como para informar e tratar de resolver todas as dúbidas que puideran xurdir.
É obrigatorio pedir cita con anterioridade:
- Chamando ao teléfono do centro 988237000
- Enviando un correo electrónico ao enderezo rbautista@edu.xunta.gal