NOVAS SOBRE A 2º AVALIACIÓN
Logo de ser recibidas unhas instruccións por parte da Consellería sobre as medidas a adoptar en relación á avaliación do 2º trimestre, indicar que:
- O CEIP Plurilingüe de Seixalbo fará, nos próximos días, a avaliación dos contidos traballados ata o día 12 de marzo (data de interrupción das clases presenciais).
- Tendo en conta que estas cualificacións danse nunhas circunstancias excepcionais, terase en conta tamén aqueles criterios de cualificación específicos establecidos tanto polos titores como polo profesorado especialista, en relación ao traballo de aula e aproveitamento das clases, libretas, traballos...
- Unha vez realizada a avaliación, e con data 3 de Abril, serán enviados a través do servizo AbalarMovil, as notificacións das cualificacións. É por iso que aquelas familias que aínda non teñen instalada dita aplicación no seu dispositivo electrónico a vaian descargando a través de AppStore/Google Play.
Instruccións no seguinte enlace https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
Saúdos e apertas para tod@s. Xuntos conseguirémolo.
O equipo directivo.