DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
O 21 de marzo tivemos unha celebración diferente, unha celebración dende as nosas casas.
A continuación podedes ver un vídeo que que é un pequeno resumo.
Un vídeo feito con moitísimo cariño, tanto cariño como o que lle temos á nosa alumna. Este día e este traballiño vai adicado a ela como non podía ser doutra forma.
Con ela e dela aprendemos dende o primeiro momento que a coñecemos, dende o inicio deste curso.
GRAZAS por contaxiarnos a túa ledicia, o teu entusiasmo, a túa insistencia nos teus gustos... De ti aprendemos a ser felices con todas e cada unha das cousas que acontecen.
Ben é certo que detrás túa está unha gran familia á que estamos moi moi agradecidas. Grazas por dar sentido ás palabras amor e compromiso. NORABOA con maiúsculas!!!
Tan DIFERENTES como IGUAIS
... es que los demás... NO LOS LLEVAN BIEN
(Maldita Nerea)
Seguiremos medrando xunt@s!!!
Moitas grazas a tod@s por animarvos a participar