UNHA MOREA DE ENERXÍA POSITIVA!!!

Ante a situación delicada e atípica que estamos a vivir, o Departamento de Orientación tamén queremos aportar o noso gran de area para contribuir a apoiar e a dar ánimos a alumn@s, familias, profesorado e a toda a comunidade educativa.

Imos comezar cunha pequena-gran receita:

- Grandes doses de OPTIMISMO

- Moito... moitísimo... SENTIDO COMÚN

- Toneladas de RESPONSABILIDADE

- Un feixe de CALMA.

- eeeee...  milleiros de SORRISOS CONTAXIOSOS.

 

É posible que os vos@s/nos@s fill@s, sobriñ@s, net@s e/ou nen@s do voso arredor, sobre todo os máis pequen@s, non entendan o que está a acontecer. É unha situación nova e descoñecida para eles, e tamén para nós; unha situación de corentena e confinamento que pode supoñer desaxustes emocionais nos nen@s tendo en conta que eles/as ainda non teñen adquiridos certos recursos de xestión de emocións.

Por todo elo non debemos evitar falar cos nen@s dos virus e as súas consecuencias, senón ao contrario; é preciso resolver ás súas dúbidas con claridade e naturalidade pero sen alarmismos e preocupación en exceso. 

Compartimos con vós unha serie de contos que vos poden axudar e a través dos cales podedes pasar un bo rato en familia:

- ROSA CONTRA EL VIRUS

- MISIÓN CORONAVIRUS

- MISIÓN CORONAVIRUS para colorear

- HOLA, SOY UN VIRUS...

- MISIÓN QUEDARSE EN CASA

- CORONAVIRUS NO ES UN PRÍNCIPE NI UNA PRINCESA 

  

 "QUEDARSE NA CASA" nos lembra este último título; MOI MOI IMPORTANTE non esquecer que o primordial é seguir as recomendacións das autoridades sanitarias para poder acabar canto antes con esta situación.

Para axudarvos a organizar estos días deixámovos uns horarios familiares que podedes seguir:

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/03/Coronavirus-Home-Plan-@papaymas.pdf

http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/nuestro-horario-familiar-para-esta.html

 

Tratade de repartir o día facendo actividades diversas: facer as tarefas que os nos@s profes nos están a preparar, axudar na casa, ler, divertirse, xogar, cociñar, imaxinar, bailar, facer manualidades, crear...

Queredes máis ideas... pois aquí tedes unha recopilación de...

ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER NA CASA

 

 E se o voso son as manualidades...

MANUALIDADES FÁCILES, DIVERTIDAS E ORIXINAIS

 

Estade atent@s a esta sección porque iremos subindo suxestións e recomendacións de interese para o noso alumnado e para as familias. 

Xa para finalizar, informar que o departamento pon a vosa disposición o seguinte correo electrónico por se precisades ou queredes contactar con nós     orientaseixalbo@gmail.com

 

Para finalizar unha última reflexión... quizais podemos vivir este momento como unha oportunidade para estar máis tempo xuntos e compartir tarefas cotiás.

Vivámolo coma un momento que de seguro SAIREMOS REFORZADOS, estamos seguras de que con esta situación imos aprender moitas cousas: a ser máis pacientes, a mellorar a nosa capacidade de empatía... a ser MELLORESSexamos positivos e optimistas!!!

Unha APERTA virtual a todas e todos!!

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet