BIBLIOTECA PARA FAMILIAS

 

Dende o Departamento de Orientación poñemos en marcha o servizo de préstamo de libros para as familias. Para a súa posta en marcha contamos coa colaboración do Equipo de Dinamización de Convivencia e co Equipo de Biblioteca.

Papás del mundo // Mónica Carretero

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Trátase de libros con diversas temáticas orientados a guiarnos na ardua labor que implica a crianza dos nos@s fill@s.

O préstamo pódese levar a cabo utilizando diversas vías:

- Poñéndose en contacto directamente co Departamento de Orientación.

- A través do titor/a, @ cal transmitirá a demanda ao Departamento.

- A través da ANPA que tamén se encargará de facer a demanda ante o Departamento. 

 En todo caso a demanda non ten porque facerse de forma presencial, podendo enviarlles o devandito libro a través do seu fillo/a.

O préstamo será quincenal, podendo facer renovación do préstamo vía telefónica ou a través de nota sempre e cando o libro non se atope en lista de espera.

Para a posta en marcha deste servizo 

 OS LIBROS COS QUE CONTAMOS APARECEN A CONTINUACIÓN, UNHA LISTAXE QUE IRÁ MEDRANDO PASIÑO A PASIÑO E DA CAL VOS IREMOS INFORMANDO. DA MESMA FORMA ESTAMOS ABERTOS A CALQUERA SUXERENCIA .

 

Animádevos a estrear este novo recurso. Desexamos que sexan do voso interese.

Un saúdo

O Departamento de Orientación, o Equipo de Dinamización de Convivencia e o Equipo de Biblioteca.

 

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEN VISUALIZAR OS TEMAS QUE TRATA CADA LIBRO.

 

 

AdxuntoTamaño
LIBROS BIBLIOTECA PARA FAMILIAS.pdf967.24 KB

Powered by Drupal - Design by artinet