Saídas

VISITA Á PRAZA DE ABASTOS DE MOAÑA

A visita á Praza de Abastos de Moaña resultou unha actividade moi atractiva e interesante para os nenos e nenas de 1º do CEIP Seara, que non pararon de facer preguntas en tódolos postos, descubrindo moitas cousiñas que non sabíamos. Grazas a tod@s por este día tan divertido!!!

 

THE TIN SOLDIER

O alumnado de Seara puido gozar coa obra de teatro que se representou no Auditiorio de Cangas, promocionada por parte do profesorado de inglés, "The tin soldier".

 

CORRELINGUA 2015

Algúns cursos do CEIP SEARA animáronse a ir ó Correlingua este ano en Bueu, mirade que ben o pasaron:

 

VISITA Á PANIFICADORA 1º E 2º

VISITA A PONTEVEDRA

Excursión de 3º e 4º a Pontevedra, no que visitaron tamén a Praza de abastos:

 

3º VISITA O MERCADO DE MOAÑA

Os de terceiro visitan o mercado de Moaña
 


VISITA DE INFANTIL A APÍPOLIS

Os pequenos de Seara tamén foron a Apípolis, pasárono en grande, facendo receitas de galletas de mel, poñendo os traxes de apicultor, e aprendendo moitas cousas das abellas. A continuación podedes ver as fotos dese día e algún video de como traballaron alí facendo a receta das galletas das que nos trouxeron unha mostra.

 

O ENTROIDO EN SEARA

         Ainda que pasado por auga, o Entroido celebrouse no CEIP Seara por tódolo alto dende primeiras horas da maña, últimas puntadas antes de sair, e  ó redor das dez da maña saída ata ó palco de Moaña, maiores e pequenos xuntos da man tirando uns dos outros, chegando sen gota de auga no ceo. 

         Ó chegar por cursos subimos ó escenario a cantar cadansúa copla orixinal inventada para ese día, os pais con ilusión acomañaban ós seus fillos.

Ó rematar voltamos para o colexio cun paraugas improvisado "3 paracaidas de cores cubrían as nosas caezas", pais e profes tensárono ata devolver ós nenos ó colexio, uns secos e outros semimollados, pero todos felices. No centro para repoñer forzas comeron filloas, orellas, flores de entroido... que cadaquén trouxo da casa.

       Unha vez comidos só quedaba queimar ó MECO, e inda que con pingas o seu carón, O Meco ardeu e despedimonos con música mentras líamos o seu testamento ...UN ENTROIDO Ó GRANDE INDA QUE PASADO POR AUGA, ahí vós quedan algunhas imaxes.


Distribuir contido

Se non te queres perder nada...

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031