Historia do centro

O centro foi fundado en 1976 funcionando como unha agrupación escolar SEARA_QUINTELA, compartindo alumnos/as durante dous anos debido a unhas reformas que se estaban a realizar no colexio de Quintela.

O 21 de setembro de 1978 reunidos os directores do futuro colexio Seara e a agrupación Seara-Quintela confórmase de forma definitiva o Colexio Nacional de Seara.

O colexio funcionará como centro da antiga EXB, pasando, posteriormente, coa reforma a ter os primeiros cursos da ESO ata que finalmente no curso 2000-2001 queda como Colexio de Educación Infantil e Primaria SEARA. 

 

Se non te queres perder nada...

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031