blogue deadmin
VISITA DE INFANTIL A APÍPOLIS
Enviado por admin o Xov, 19/03/2015 - 07:49Os pequenos de Seara tamén foron a Apípolis, pasárono en grande, facendo receitas de galletas de mel, poñendo os traxes de apicultor, e aprendendo moitas cousas das abellas. A continuación podedes ver as fotos dese día e algún video de como traballaron alí facendo a receta das galletas das que nos trouxeron unha mostra.
CIRCUITOS NO XIMNASIO
Enviado por admin o Mar, 17/03/2015 - 17:59Actividades dentro do ximnasio nos que os nenos disfrutan realizando circuitos diferentes uns máis sinxelos e outros con máis complicación, pero todos eles moi divertidos á vez que practican a cordinación de todo o corpo.
Deixovos un vídeo con algúns destes exemplos:
>
SEGURIDADE VÍAL
Enviado por admin o Lun, 09/03/2015 - 07:40Tralas charlas impartidas pola policía local, realizáronse diversas actividades relativas á Educación Víal como circuitos en cars, en bicicletas e a pé, ademais de probar os distintos vehículos tanto da policía local como do corpo da garda cívil. Os nenos disfrutaron moito sendo conductores por un día, deixándolles montar na moto e pór o casco de motoristas. Uns días para o recordo!!
Grazas especialmente a Jose Luís Domínguez, Luís Domínguez, Elena Maya, e ós corpos da policía local, garda cívil e DXT.
VISITA Ó EROSKI
Enviado por admin o Sáb, 07/03/2015 - 19:34O alumnado de quinto visitou o Eroski de Moaña, comprendendo o funcionamento non dende a perspectiva do cliente senon dende dentro:
O ENTERRO DA XOUBIÑA
Enviado por admin o Mér, 04/03/2015 - 17:31O CEIP Seara tamén tivo a súa representación na Xoubiña, aquí tedes algunhas das imáxenes de ese día.
PAN DE FIGOS
Enviado por admin o Mér, 04/03/2015 - 16:27Collage sobre a elaboración da receita de pan de figos por 5º de primaria.
TRABALLOS, EXPOSICIÓNS ORAIS E DEGUSTACIÓNS SOBRE A GASTRONOMÍA 6º
Enviado por admin o Mar, 24/02/2015 - 08:24Co motivo do tema central do colexio: Cociñando Saberes, o alumnado de 6º elaborou uns traballos sobre a gastronomía expoñendoos despois de maneira oral e rematando moitos deles con suculentas degustacións:
Podedes botar unha ollada ós traballos que serviron de soporte para algunhas das exposicións orai.
E para rematar un exemplo dunha das exposicións:
VIDEO DE ANIMACIÓN Á LECTURA
Enviado por admin o Mar, 24/02/2015 - 07:47Eloy elexiu un conto moi sinxelo con pequenas instrucións e para animar a súa lectura trouxo da súa casa distintos obxectos que lle axudaron na súa escenificación. Os cativos estaban entusiasmados!!!
O ENTROIDO EN SEARA
Enviado por admin o Lun, 23/02/2015 - 16:58Ainda que pasado por auga, o Entroido celebrouse no CEIP Seara por tódolo alto dende primeiras horas da maña, últimas puntadas antes de sair, e ó redor das dez da maña saída ata ó palco de Moaña, maiores e pequenos xuntos da man tirando uns dos outros, chegando sen gota de auga no ceo.
Ó chegar por cursos subimos ó escenario a cantar cadansúa copla orixinal inventada para ese día, os pais con ilusión acomañaban ós seus fillos.
Ó rematar voltamos para o colexio cun paraugas improvisado "3 paracaidas de cores cubrían as nosas caezas", pais e profes tensárono ata devolver ós nenos ó colexio, uns secos e outros semimollados, pero todos felices. No centro para repoñer forzas comeron filloas, orellas, flores de entroido... que cadaquén trouxo da casa.
Unha vez comidos só quedaba queimar ó MECO, e inda que con pingas o seu carón, O Meco ardeu e despedimonos con música mentras líamos o seu testamento ...UN ENTROIDO Ó GRANDE INDA QUE PASADO POR AUGA, ahí vós quedan algunhas imaxes.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »