Ola, ola! Aquí vos deixamos unha proposta de merendas saudables para media mañá. Calquera das opcións pode vir acompañada de zume sen azucres engadidos. Estaría xenial que cada alumno/a trouxese a súa botella de auga etiquetada. Para visualizar con mellor calidade a proposta, descargade a imaxe adxunta.
Os alumnos e alumnas de primaria aproveitaron a sesión de informática para investigar na rede sobre esta conmemoración e falamos de todos e cada un dos dereitos que teñen como nenos e nenas que son.
A clase de plástica tamén estivo moi relacionada co tema do día elaborando estes carteis.
Pinchade no seguinte enlace para ver o seu traballiño
Este ano 2020 as letras galegas adicáronselle ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Por mor da COVID-19, dita data non puido festexarse como era debido, así que aprazouse a conmemoración para pasado 30 de outubro.
As nenas e nenos de primaria investigaron a vida e obra do noso escritor e coñeceron unha das súas obras máis populares "As pitas baixo a choiva" e fixeron un grandísimo traballo con este mural.