Skip to Content

Blogues

HORARIO

Despois dunha boa benvida a este novo curso, algo moi importante é coñecer o horario que imos a ter e que vos deixamos a continuación:

 

FIN DE CURSO 2021-2022

Un ano máis damos por finalizado outro curso escolar.  Un curso moi especial, no que disfrutamos e intentamos aprender todo o que puidemos. O claustro márchase, por unha parte triste de non poder seguir cos nenos e nenas, e por outra parte tamén moi feliz de este gran ano no que se creou unha gran familia e desexando que así siga sendo no CEIP SARREAUS!

Queremos desexarvos un moi feliz verán e felices vacacións!

Unha aperta enorme!

 

ADMISIÓN - FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Boas Familias!

Estamos deseando recibir aos novos nenos e nenas no noso cole!

Por esto motivo, a continuación deixámosvos o enlace ao documento que deberedes cubrir e asinar.

O PERÍODO DE ENTREGA É DO 20 AO 30 DE XUÑO.

Moitas Grazas e un saúdo.

 

https://drive.google.com/file/d/1NDhB3doZoIP5ZZ-W7uOi6ys95XrGiwZE/view?u...

MENÚ ABRIL

Boas familias,

Perdoade pola demora, pero xa vos colgamos o noso menú do mes de Abril!

Esperamos que disfrutedes das vacacións e pasedes unha feliz Semana Santa!

Unha aperta.

MENÚ MARZO

Boas familias!

Perdoade a tardanza, pero como todos os meses deixámosvos o menú do comedor do mes de Marzo!

Esperamos que disfrutarades moito do Entroido, e agora seguimos!!!

 

ENTROIDO 2022

Boas familias!

Hoxe celebramos o Entroido por todo o alto! Disfrutamos de música e xogos e ademais merendamos bica de chocolate e orellas. MELLOR IMPOSIBLE!

Por certo, queremos recordarvos que ata o Xoves día 3 non voltamos!

QUE PASEDES UN BO ENTROIDO!

ENTROIDO!

Boas familias!

Xa todos comezamos a ter presente que o Entroido comezou ou vai a comezar, polo que desde o CEIP Sarreaus tamén o queremos celebrar.

Se destas festas queres desfrutar, as miñas ordes deberás escoitar:

LUNS: "O luns trae unha gravata, para non meter a pata".

MARTES: "Trae bata, ademais de gravata".

MÉRCORES: "Pelos loucos debes levar, para poder xogar".

XOVES: "Para non perder o sexapil, trae da túa casa un mandil".

VENRES: "Para bailar e cantar, disfrazado do que queiras, terás que estar".

 

Desexamos que pasedes un moi bo ENTROIDO!

Unha aperta!

Menú Febreiro

Boas familias! 

Como cada mes, aquí vos deixamos o menú do mes de Febreiro!

Unha aperta moi grande

MENÚ XANEIRO

Feliz Ano familias!

Perdoade polo retraso, pero deixámosvos o menú do comedor do mes de Xaneiro para que lle botedes unha ollada.

Unha aperta.

BO NADAL!

O centro de Sarreaus, quere desexarvos un BO NADAL e unhas FELICES FESTAS!

Esperamos que teñades un montón de agasallos e que o 10 de Xaneiro veñades con moitas ganas de contarnos todo o que fixéstedes durante as festas!

Desfrutade moito das vacacións! Vémonos á volta!

 FELIZ NAVIDAD!

BO NADAL!

MERRY CHRISTMAS!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut