Ola, familias! Aquí vos deixamos o calendario escolar deste curso. Podedes consultar máis información na Orde de 20 de maio de 2022 que deixamos adxunta. Apertas!
Aquí vos deixamos o horario de inverno de educación infantil deste curso 2022-2023. Recordade que durante todo o mes de setembro e xuño as clases serán de 9:00h a 14:15hco comedor incluído. Deixamos adxunto o PDF para poder descargalo.
Ola, ola! Aquí vos deixamos unha proposta de merendas saudables para media mañá. Calquera das opcións pode vir acompañada de zume sen azucres engadidos. Estaría xenial que cada alumno/a trouxese a súa botella de auga etiquetada. Para visualizar con mellor calidade a proposta, descargade a imaxe adxunta.
Boas, familias! Deixamos adxuntado o menú do comedor deste primeiro mes do curso 2022-2023. Para ver o menú con boa calidade deberedes descargar o pdf ó final desta entrada. Recordade que o día 12 de setembro non hai cole por festivo local!