Skip to Content

blogue deadmin

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Velaquí un resumo de todas as actividades que fixemos estes días para conmemorar o Día escolar da non violencia e da paz: mural de mandalas, lectura de contos sobre a convivencia, receita máxica para a amizade etc. Porque a paz temos que traballala todos os días!

 

MENÚ COMEDOR XANEIRO 2023

NADAL 2022

Hoxe fomos cantar os Reis por Sarreaus adiante! E viñemos cargadiños de cousas ricas para comer coa chocolatada que nos tiña preparada Demetrio. Grazas, Lucía ,por acompañarnos e a todos os que nos regalastes lambonadas. BO NADAL!

 

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Mañá, 3 de decembro, conmemoramos o Día das persoas con discapacidade. É por iso que esta semana, coñecemos a historia de Elmer. Un elefante diferente ao resto. Se é que todos somos únicos e especiais! ❤️

MENÚ COMEDOR DECEMBRO 2022

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o día contra a violencia de xénero. No cole coñecemos unha historia de violencia psicolóxica protagonizada por dúas tartarugas, Arturo e Clementina. Finalmente, Clementina consegue saír desa situación de maltrato e é, por iso, que decidimos adicarlle o noso mural cheo de palabras bonitas.

 

 

 

CALENDARIO PROBAS ESCRITAS 1º TRIMESTRE

Ola ne novo! Aquí tredes o calendario de exames deste 1º trimestre para a clase de primaria. Estas semaniñas toca repasar todo o aprendido. Moito ánimo!

 

SAMAÍN 2022

Velaquí un resumo da nosa celebración de Samaín: xogos de tacto, concurso de cabazas, cinema de Samaín, lambonadas,e moita diversión! Felíz Samaín e feliz ponte!

 

 

 

 

 

 

 

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO 2022

MENÚ COMEDOR OUTUBRO 2022

Boas, familias! Aquí vos deixamos o menú do mes de outubro. Podedes descargar a imaxe adxunta para telo en boa resolución. Recordade que o día 12 e o 31 non haberá clase. Ata pronto!Risa

 

Distribuir contido


by Dr. Radut