Como xa sabedes, este ano estamos traballando nun proxecto integrado que se chama " Leroucheando polo mundo". Neste proxecto a nosa mascota, Leroucho, está de viaxe e vai amosándonos distintas cousas dos continentes que visita: As características xeográficas , os seus museos, as 7 maravillas do mundo, literatura, as casas tradicionais, a relixión, os instrumentos e o teatro . Preguntarédesvos como o fai, pois mediante códigos QR que se foron poñendo nunha exposición na Ludoteca. Hoxe facémosvos unha pequena presentación da primeira parte deste proxecto.(Estade atentos pronto haberá máis cousiñas)
Hoxe pasámolo bomba! Tivemos unha actividade na que o alumnado de 4º, 5º e 6º exerceu de padriño (e madriña!) lectora, léndolle libros aos máis cativos. Aquí tedes a reportaxe: