Este é o mural que fixemos para que os nenos e nenas poidan volver a ver os experimentos que os seus compañeiros e compañeiras fixeron para celebrar o día da auga. Só hai que ler o código QR.
Dentro do proxecto da auga que temos este ano no noso centro, fixemos unha selección dos libros que temos na nosa biblioteca relacionados con este tema.