Skip to Content

INFORMACIÓN SERVIZO MADRUGADORES E COMEDOR

Información servicios madrugadores e comedor- ANPA

 

Dende a ANPA queremos facelos coñecedores da situación actual en todo o relacionado cos servizos de madrugadores e comedor que, este curso, ó igual que os anteriores, será xestionado pola nosa asociación.

Antes de continuar agradeceríamos que dedicasen uns minutiños a ler o borrador do Protocolo de Actuación COVID da ANPA A Gaivota, que adxuntamos e iremos actualizando coa nova información e os cambios que sexan necesarios, en función de novos protocolos ou medidas que poidan publicar as autoridades correspondentes.

 

 

É de vital importancia o coñecemento do mesmo xa que se requerirá o compromiso do seu cumprimento para poder acceder ó servizo.

Debido a este protocolo, este ano a capacidade do noso comedor verase reducida a mais do 50% para poder manter a distancia de seguridade esixida pola Xunta, polo que para poder garantizar o servizo a tódolos usuarios vemonos na obriga de levar acabo varios turnos de comida.

 

Para facernos una idea o máis real posible e realizar una mellor xestión dos turnos solicitamos ás familias que nos comuniquen por correo electrónico  (gaivotameicende@gmail.com) a solicitude do comedor durante o curso 2020-2021.

Tódalas solicitudes deberán ir acompañadas de un pequeño cuestionario cos datos básicos do alumno/a que se adxuta a este documento, e a Declaración de Responsabilidade firmada, donde se garantiza que a saúde dos nenos/as durante os 14 días previos á entrada ó comedor foi adecuada e non sufreu nin tos, nin febres altas, cansancio, falta de aire…..así como non haber estado en contacto con nadie con dita sintomatoloxía.

 

Firmar este documento será un requisito indispensable para que a solicitude da praza sexa admitida.

Grazas pola súa colaboración

AdxuntoTamaño
Protocolo.pdf47.66 KB
Declaración de responsabilidad (1).pdf48.67 KB
Datos usuario comedor.pdf16.18 KB


page | by Dr. Radut