Como parte do programa educativo multidisciplinar Vexo, veo Xacobeo no que estamos a participar cuxa finalidade é a de achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural. Esta semana o alumnado de Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria disfrutou dunha actividade ligada a esta temática da man de Anxo Moure.
Fixeron unha visita por Pedrafita do Cebreiro e despois un pequeno tramo do Camiño de Santiago ata Liñares, xa vedes que están feitos uns grandes peregrinos.
Álbum: CURSO 2022/23 -> Vexo, veo Xacobeo