Trátase dun xogo de preguntas e respostas en versión Comecocos (Pac-Man) que contén tres niveis de dificultade:
- De 8 a 10 anos
- De 11 a 16 anos
- De máis de 16 anos.
Este xogo axuda a reforzar os coñecementos sobre o SARS-CoV-2 dunha forma lúdica. Podedes xogar picando no nome ou na imaxe do xogo.
2. CANTO SABES DO CORONAVIRUS?
Neste caso, trátase dun xogo de preguntas e respostas en bloques de distintos niveis de dificultade. Permite que na clase se poida reforzar o coñecemento sobre a Covid-19.
3. e-Bug
Recurso gratuíto para o seu uso na aula e no fogar desenvolvido pola Unión Europea. Neste hai actividades educativas, amenas e accesibles para o profesorado e estudantes. Ten contido específico para o SARS-CoV-2 cun conxunto de recursos formativos. Está escrito en inglés pero pode ser traducido mediante tradutores en liña de forma correcta.
Podemos destacar dentro deste proxecto as seguintes actividades:
- e-Bug Assembly Activities: Libro electrónico en inglés con numerosas actividades que permiten ao alumnado concienciar sobre o virus e os seus mecanismos de transmisión.
- My Back to School Bubble: Trátase dun relato con deseños creado coa aportación dunha rede de profesores, pais e profesionais da saúde pública e ten como obxectivo axudar aos nenos a entender as novas medidas de protección que encontran en vigor na escola. Atópase en inglés e ten licenza Creative commons.