Unha das primeiras accións que ten que levar a cabo un colexio, se quere converterse nunha EcoEscola é poñer en marcha as Patrullas Ecolóxicas.
As EcoPatrullas estarán formadas por alumnos e alumnas, que rotarán diariamente. Identificaranse con puntos verdes e levarán a cabo as súas funcións durante o recreo da mañá.
Queremos concienciar á Comunidade Educativa do Colexio (alumnado, profesores, conserxe, pais, nais, familias,…) da necesidade de ser Eco-sustentables.