Saltar navegación.
Inicio

blogue deMJVILLAVERDE

Biblioleo

Como o tempo acompañou o club de lectura "Biblioleo" xuntámonos á beira do río.

Que ben se está ao soliño cun libro na man! 

 

 

Samaín e Magosto 2022

Un ano máis chega o Samaín e o Magosto ao noso cole. 

Aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría gozamos dunha xornada única. 

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos. 

 

 

(PREMA NA IMAXE)

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano o Día da Letras Galegas adícase ao escritor Ricardo Carvalho Calero:

 

  • O escritor, filólogo e lingüísta Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

Debido á situación que estamos a vivir, este ano non podemos levar a cabo a conmenoración no centro pero través do enlace Seminario Galán poden acceder a máis información e actividades que poden facer cos pequenos en familia mentras dure o cofinamento.

Distribuir contido