blogue deMJVILLAVERDE
SOLICITUDES COMEDOR CURSO 2022-2023
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 30/06/2022 - 11:22- Nos seguintes enlaces poden acceder á información relativa á solicitude de comedor para o vindeiro curso 2022/2023 e aos impresos necesarios para realizar os trámites:
COIDA DO PLANETA
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 17/06/2022 - 12:56O alumnado de 3º de primaria foi facer un tramo do Camiño dos Faros (de Camelle a Traba). Tamén aproveitou para deixar a praia aínda máis limpa do que a atopou.
GRAFFITI : "PASAR TEMPO XOGANDO NUNCA SERÁ TEMPO PERDIDO"
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 16/06/2022 - 13:22Para continuar co noso proxecto de centro "Arte-Natureza-Movemento", o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de participar, xunto con profesionais, na creación dun Graffiti que decora o patio de Educación Infantil co lema: " Pasar tempo xogando nunca será tempo perdido".
PLAN IGUALDADE DO CEIP PLURILINGÜE SAN VICENZO
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 16/06/2022 - 12:25Ao longo deste curso escolar iniciamos unha serie de actividades para levar a cabo o Plan de Igualdade do centro, coa intención de darlle continuidade nos vindeiros cursos. Este baséase nos seguintes principios:
- Transversalidade: a igualdadede xénero como un principio transversal e sempre presente na nosa actividade educativa.
- Sociedade igualitaria: a construción dunha sociedade na que homes e mulleres serán iguais empregandoa educación como medio para combatir todas as formas de discriminación.
- Violencia 0 nas aulas e na sociedade: é imprescindible a sensibilización e a concienciación na comunidade educativa do problema da violencia de xénero na sociedade e a loita pola súa total desaparición.
No seguinte vídeo podedes ver unha mostra dalgun das actividades:
LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2022-2023
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 09/06/2022 - 13:26No documento adxunto achégase o listado de libros para o vindeiro curso 2022-2023.
*Dende o centro recoméndase non mercalos ata ter a titoria inicio de curso, que se levará a cabo antes do inicio das clases cos mestres correspondentes, por se xurdira algún cambio.
VISITA Á DOMUS CO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 31/05/2022 - 10:11O pasado 24 de Maio o alumnado de sexto de primaria tivo a oportunidade de realizar unha visita ao museo DOMUS da Coruña.
Dentro da visita o protagonismo centrouno un taller de circuítos onde puideron experimentar con múltiples elementos dun circuíto eléctrico e resolver os problemas que se lle plantexaban. Tamén realizouse unha visita polas tres exposicións do museo:
- A primeira dedicada ao xenoma humana, onde puideron coñecer os segredos que oculta o noso ADN e como os nosos hábitos afectan a nosa saúde.
- A segunda adicada as intelixencias múltiples de Howard Gardner.
- A terceira adicada a evolución da especie humana e a responsabilidade que temos como especie dominante sobre o planeta.
FIN DE CURSO: ULTIMAS SESIÓNS DE CONTACONTOS
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 26/05/2022 - 13:18
O alumnado participou nas últmas sesións de contacontos e do Clube de Lectura ao longo do mes de maio:
ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 18/05/2022 - 15:38
Hoxe, xoves 19 de maio, ábrese o prazo para a tramitación de solicitudes para o fondolibros e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria,ESO, EE e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
O prazo para a presentación de solicitudes na secretaría do centro rematará o día 17 de xuño de 2022, (co fin de poder completar no centro o proceso de rexistro na aplicación antes do 22de xuño, tal como dipón a convocatoria).
Poden consultar máis a información premendo AQUÍ.
Poden descargar os ANEXOS para a presentación da solicitude presencial a continuación:
Orde do 29 de abril de 2022 (convocatoria - DOG Nº 95)
* Nota: As rendas per cápitas superiores a 10.000 euros non serán beneficiarios da axuda para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Ed. Primaria) e/ou material escolar, agás naqueles casos onde se acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.
LETRAS GALEGAS 2022
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 18/05/2022 - 13:25
Este ano con motivo da conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 preparamos unha coreografía para a canción "Terra de Tanxugueiras" con todo o alumnado do centro.
Ademais coa axuda de familias voluntarias elaboramos un mural da bandeira de Galicia recollendo as nosas "palabras preferidas en galego" que recopilamos con axuda de alumnado e profesorado.
Queremos agradecer ás familias colaboradoras a súa participación, así como ás alumnas voluntarias o seu esforzo por facer de coreógrafas e ensinarnos os pasos de baile a tódalas clases.
PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DA COREOGRAFÍA
Por outra parte o alumnado do centro coñeceu a vida e obra de FLORENCIO DELGADO, homenaxeado este ano, realizando diversas actividades. Podedes ver unha mostra do traballo artístico de 1º ciclo e 5º de EP premento no imaxe:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »