Axudas libro e material 2016/2017
Foi publicada no DOG a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para material escolar para o vindeiro curso 2016/2017.
A continuación facemos un breve resumo:
* Tipos de axuda:
- 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: fondo solidario de libros de texto
-1º e 2º de primaria: axudas para adquirir libros de texto.
- Axuda material: para todos os alumnos de primaria
* Asignación de libros e contía das axudas:
- 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: se hai libros suficientes, todos os solicitantes serán beneficiarios, de non haber fondos para todos o reparto farase por orde inversa á renda familiar per cápita.
* Independientemente dos libros que o centro dispoña, todos os solicitantes cunha renda familiar inferior a 5400€ terán dereito a 6 libros de texto.
* Do mesmo xeito, os que teñan una renda familiar entre 5400€ e 9000€ terán dereito a 4 libros de texto.
-1º e 2º de Primaria: as axudas serán as seguintes:
* Renda per cápita inferior a 5400€: 170€ de axuda
* Renda per cápita entre 5400€ e 9000€: 90€ de axuda
- Material escolar: axudas de 50€ para todo o alumnado de primaria cunha renda per cápita inferior a 5400€.
* Documentación necesaria:
o :Anexo I pode recollerse no colexio ou ben cubrilo ou descárgalo do enlace
o Libro de familia: teñen que aparecer todos os membros da unidade familiar. De non ter o libro de familia será necesario o certificado ou volante convivencia, a sentenza de divorcio ou separación ou o informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia.
o Grao de discapacidade e violencia de xénero: documentación necesaria para acreditar alguna destas circunstancias.
o DNI e renda familiar: soamente no caso de non autorizar a consulta telemática
* Presentación de solicitudes:
o Está aberto xa o prazo até o 23 de xuño
Para todas as axudas presentarase una única solicitude, e no caso de ser varios irmáns beneficiarios servirá con presentar un so impreso para todos eles.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
axudas_2016_17.docx | 150.81 KB |