A música no colexio

Antes de que a música contase cun espazo curricular nos distintos corpos lexislativos que foron aparecendo, xa se impartía esta materia no Santo Estevo de Parga. Desde aquela a hoxe o percorrido estivo marcado por moitas actividades que, como as complemetarias, tiveron carta de realidade na andaina do centro. Cómpre salientar a participación no Concurso Galego-Portugués de Panxoliñas e Cantos de Nadal que chegou ata a undécima edición e na que acadamos a clasificación varias veces.

Durante varios anos os alumnos participaron nun obradoiro de construcción de instrumentos musicais patrocinado polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación provincial de Lugo no que se fan diversos instrumentos, axeitados aos intereses dos nenos e moi ao rente da cultura tradicional galega.

Hoxe esta materia conta cunha asignación horaria dentro da área de Expresión Artística e dedícase a ela unha hora á semana. Os alumnos descobren os conceptos desta materia coa práctica de audicións, linguaxe musical, práctica instrumental, etc.

grupo de alumnos no nadal