Pintura sobre tea
Aproxímase o verán e os alumnos/as de 5º e 6º decidiron dar cor á súa roupa. Modelos de todas as formas e cores. Quedaron moi bonitas. Quen sabe, quizais sae de aquí un famoso deseñador/a.
Fondo libros 2021/2022
No DOG do día 20 de maio de 2021 publícase a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.
BENEFICIARIOS
O espazo - 3º de Primaria
O alumnado de 3º de Primaria cada vez está máis convencido de que o desexo de viaxar ao espazo pronto se fará realidade. Co gallo desta premonición, convertéronse en astrónomos de primeira e a día de hoxe poderían despegar rumbo a Marte e saber cantas horas dura un día no planeta, onde está a constelación Tauro, quen foi o primeiro home en pisar a lúa ou mesmo quen foi Laika. Máis info.
Graffiti de Rosalía de Castro
Este será o mural de Rosalía de Castro que decorará o noso centro, próximamente.
Maite Ferreiro: "Son propostas que invitan a achegarse á figura de Rosalía de Castro desde unha perspectiva actual, con linguaxes e argumentos que conectan coa mocidade e que permiten poñer en valor todas as dimensións da figura de Rosalía, autora cabeceira da nosa literatura, pero tamén referente na defensa das mulleres, dos dereitos sociais e da lingua e da cultura”
Plan Proxecta: Fauna do río Parga
O río Parga, afluente do río Miño, conta cunha rica e variada fauna, entre a que atopamos: anfibios como a píntega común ou o lagarto das silveiras; peixes como a perca negra ou carpas; e paxaros como a lavandeira real ou o picapeixe, entre outros.
Aquí o laborioso traballo dos nosos alumnos/as.
Día da árbore 2021
Ás árbores son paz, cultura, beleza, calor no inverno e acubillo no verán.
Son o froito que nos alimenta e a vida que nos dan.
Non deixemos de plantar árbores!!
Plantamos libros - Día do libro 2021
Un libro só necesita ser lido para convertirse en maxia.
Un claro exemplo disto é o que nos veñen a demostrar os nosos alumnos e alumunas. Gocen das súas historias...
Día da muller 2021
PARABÉNS A TODAS AS MULLERES, por este día de conmemoración e todos os do ano. Por unha igualdade real xa e pola vosa afouteza.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »