Skip to Content

BALONMÁN COA SD TEUCRO, 3º, 4º, 5º, 6º.

O martes 24 de setembro recibimos no cole á SD Teucro para unha sesión de iniciación ao Balonmán.
Tivemos a sorte de contar con Rhuan Marchette xogador brasileiro do primeiro equipo do Teucro e entrenador das seccións inferiores.
Participaron os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Álbum: Curso 24-25 -> Balonmán coa SD Teucro 3º-6º

TENIS NO CLUB DE TENIS DE PONTEVEDRA 3º E 4º

Os dias 16 e 19 de setembro achegámonos co alumnado de 3º e 4º de primaria ao Club de Tenis Pontevedra para presenciar algún partido do Torneo Internacional U14 que se estaba a celebrar alí.
Competían rapaces e rapazas de 12 a 15 anos de quince nacionalidades diferentes.
Ademáis pudemos practicar tenis e paddle cos profesores do club.

Álbum: Curso 24-25 -> Club de tenis 3º 4º

Lista de material escolar para o curso 24_25

                               

 

 

       

EXCURSIÓN Á CASA DO PATRÓN 2024

Para terminar este curso fixemos unha saída coa rapazada de 3º,4º,5º e 6º á casa do Patrón a Lalín. Esperamos que desfrutedes vendo o ben que o pasamos e moito que aprendemos da nosa cultura galega.

FESTIVAL DE INFANTIL E DESPEDIDA DE 6ºEI

O pasado 16 de xuño, @s pequeniñ@s do cole nos deleitaron cunhas bonitas actuacións. Tamén aproveitamos para despedir ao alumnado de 6º de EI que remata esta fermosa etapa acompañados da marabillosa profe Sandra. 

Aquí tendes unha pequena mostra:

Álbum: Curso 23-24 -> Actuacións de Infantil e despedida de 6ºEI

CLAUSURA PROXECTO XEVEOLÍMPIC@S.

Desta forma tan divertida damos por clausurado o proxecto deste ano sobre as olimpiadas.

 

EXCURSIÓN Á CASA DO PATRÓN EDUCACIÓN INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA.

Para rematar o curso fixemos unha excurión á "Casa do Patrón" a Lalín onde afondamos na nosa cultura galega.

 

SAÍDA A COÑECER A NOSA CONTORNA.

O pasado xoves unhas mamás do noso cole viñeron a contarnos un conto que inventou unha delas e  logo saímos a coñecer a contorna co alumnado de 1º e  3º de primaria. Aprendemos sobre prantas e bichiños, merendamos á sombriña e exploramos as pontes do río Fontáns (afluente do río Lérez), tamén de muíños e o lavadoiro do paseo fluvial de Gatomorto (Santa María de Xeve). Foi unha saída moi bonita e queremos agradecerllo ás mamás Tareixa, Eva e Estela. 

Álbum: Curso 23-24 -> Saída pola contorna!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN!

Dende a biblio Larapeto quere aconsellarvos e propoñervos algunhas grandes aventuras e historias que vos van gustar seguro. Este verán animádevos a seguir lendo e a xogando coma sempre.

Álbum: Curso 23-24 -> Recomendacións lectoras 2023-2024
Distribuir contido


by Dr. Radut