O último curso de formación iniciado este presente curso no CEIP Santiago de Oliveira, foi o de páxina web. Neste caso, aprendemos o manexo da páxina web do noso centro, para poder subir fotos e descricións dalgunhas das tarefas realizadas no centro escolar, favorecendo deste xeito, a mellora da nosa competencia dixital docente.
O segundo curso de formación que realizamos este curso, no CEIP Plurilingüe Santiago de Oliveira, foi o do encerado dixital, a cargo de Óscar R. Rojo. Neste, aprendemos a manexar os novos encerados instalados ao final do curso pasado, coñecendo así algunhas das súas potencialidades. Todo isto contribúe á mellora da competencia dixital docente.
Para conmemorar o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, todo o alumnado do cole fixo o seu propio retrato para representar que todos e todas, sexamos como sexamos coas nosas diferenzas, habilidades e limitacións, temos cabida neste cole!
Un dos cursos de formación no que participamos este ano no CEIP Santiago de Oliveira, para a mellora do uso das Tecnoloxías da Información e da comunicación, foi o do manexo do Plotter. Neste caso, foi impartido por Esteban Losada. Neste aprendemos a cortar vinilos e a gravar diferentes materiais como placas de metacrilato. Todo isto contribúe a seguir avanzando no manexo das TIC´s.
Celebración do Festival de Nadal na Casa Cultural os Muíños de Oliveira. Cada grupo interpretou unha fermosa panxoliña, acompañados das súas familias nun día moi especial.