O último curso de formación iniciado este presente curso no CEIP Santiago de Oliveira, foi o de páxina web. Neste caso, aprendemos o manexo da páxina web do noso centro, para poder subir fotos e descricións dalgunhas das tarefas realizadas no centro escolar, favorecendo deste xeito, a mellora da nosa competencia dixital docente.
O segundo curso de formación que realizamos este curso, no CEIP Plurilingüe Santiago de Oliveira, foi o do encerado dixital, a cargo de Óscar R. Rojo. Neste, aprendemos a manexar os novos encerados instalados ao final do curso pasado, coñecendo así algunhas das súas potencialidades. Todo isto contribúe á mellora da competencia dixital docente.