Skip to Content

Calendario Escolar 2016-2017

Achegámosvos o Calendario Escolar do vindeiro curso 2016-2017. Aquí vos deixamos un resumo das datas máis importantes, así mesmo, nos datos adxuntos tedes un pdf ampliando toda esta información.

 

Curso académico en educación infantil, na educación primaria e na educación especial do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos.

 

Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.

2. Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.

3. Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.

 

Conmemoracións

20 de novembro de 2016: Día Universal da Infancia.

25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Do 1 ao 11 de decembro de 2016: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

10 de decembro de 2016: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

30 de xaneiro de 2017: Día Escolar da non Violencia e da Paz.

8 de marzo de 2017: Día Internacional da Muller.

15 de marzo de 2017: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Do 6 ao 10 de marzo de 2017: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.

7 de abril de 2017: Día Mundial da Saúde.

Entre o 17 e o 21 de abril de 2017: Semana do Libro.

9 de maio de 2017: Día de Europa.

Do 9 ao 17 de maio de 2017: Semana das Letras Galegas.

5 de xuño de 2017: Día Mundial do Medio Ambiente.

AdxuntoTamaño
Calendario Escolar 2016-2017.pdf568.28 KB


page | by Dr. Radut